Xurxo Souto presentou a semana pasada na Biblioteca de Marín o seu libro "Contos do mar de Irlanda". Nel narra historias vivi
das polos mariñeiros de Marín e doutros portos galegos neste bravo caladeiro das costas de Irlanda. Nomes como Castletown ou Bantry son ben coñecidos daqueles que dende os anos cincoenta tiveron que baterse o peito cos temporais daqueles mares.
Por que estiveron agochadas estas historias durante tanto tempo?
O acto estivo organizado por Queremos galego Marín.
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas b>. Amosar todas as publicacións
20 de nov. de 2014
20 de maio de 2012
Festa da lingua
Este ano a Semana Cultural tivo como colofón "A festa da lingua".
![]() |
| This free photo slideshow customized with Smilebox |
16 de maio de 2012
"Sabela e o paxaro máxico". Tarabelos
O pasado venres, 11 de maio, puidemos disfrutar dunha espléndida función de monicreques. A historia de Sabela e o paxaro máxico mantivo a expectación da audiencia ata o remata, grazas aos múltiples recursos escénicos de Esteban Acuña. No seguinte videoclip podemos ver uns minutos da actuación.
14 de maio de 2012
Lois González Dopazo: O compromiso coa cultura e coa saúde
Os alumnos de Primaria puidemos asistir hoxe a unha charla dunha persoa moi coñecida en Marín e moi importante polo seu apoio á actividade cultural neste Concello, especialmente as ligadas coa cultura de raigame popular.
Coa axuda dunha presentación de imaxes foi debullando a súa experiencia vital, dende aquela lonxana escola de San Pedro ata as aulas universitarias; dende as súas experiencias como fisioterapeuta da Selección Española de Ciclismo ata os seus anos de entusiasta animador do grupo arqueolóxico creado dentro da Asociación Cultural Santa Cecilia.
Lois ten unha cousa moi clara: O GALEGO SEMPRE LLE ABRIU PORTAS, nunca lle supuxo ningún impedimento para entenderse e facerse valer non mundo; ao contrario, serviulle para entenderse millor con xentes doutras linguas: portugueses, italianos, rumanos, ...

| This free picture collage generated with Smilebox |
10 de maio de 2012
Guillerme e Miguel fixéronnos querer un chisco máis a música tradicional.
| Gillerme Ignacio tocando a zanfona |
O pasado mércores asistimos á demostración de que a música tradicional galega pode servir para moitas cousas: Podemos escoitala; podemos bailala e podemos facer unha boa festa e pasalo ben.
Todo un éxito a actuación deste dúo de mestres de música. Agora coñecemos algo máis da gaita, o tambor, o bombo, o pandeiro, a pandeireta, os ferriños. Sabemos que se pode facer música cunha lata do pemento ou cun legón.
Sen esquecer a menos habitual e máis difícil de tocar : a zanfona.
Ah, xa me esquecía! Tamén houbo algún profe que deixou claro que o del non é o bombo!
7 de maio de 2012
GUILLERME IGNACIO E MIGUEL SOTELO."Música tradicional galega"
Xa está aquí a xxª Semana Cultural. Uns días nos que viviremos de xeito especial distintas manifestacións cuturais: a música, o teatro, os títeres, a animación, a charla-coloquio e, para rematar, o mércores, 16 coa Festa da lingua, con música, baile e xogos populares. Pero xa vos iremos contando pouco a pouco, día a día. Aquí tamén poderedes ver unha reseña do que pase cada día, con imaxes,comentarios, vídeos, etc
O mércores, 9 de maio comenzamos cun concerto didáctico a cargo de Guillerme Ignacio e Miguel Sotelo.
Guillerme Ignacio é compoñente fundador do grupo de música tradicional galega "Quempallou", que conta xa con 13 anos de vida e ten editados varios CDs. Destaca pola súa voz e o dominio de distintos instrumentos, como poderedes comprobar este mércores.Ademais, é mestre de percusión e canto no grupo "Retrouso" de Cela(Bueu). Para máis información podedes visitar www.quempallou.com
Miguel Sotelo (Cangas do Morrazo, 1983) é, a pesar da súa xuventude un dos
mestres máis punteiros no eido tradicional en Galicia. Vencellado a Lembranzas
da Ría desde hai anos, participou en ambiciosos proxectos de baile como GS21 e,
na actualidade, o Proxecto Trepia (premiado repetidamente pola súa mestura de
música, baile e videocreacións). É mestre de baile no grupo Retrouso de Cela. Máis información en www.blogoteca.com/retrouso
O mércores, 9 de maio comenzamos cun concerto didáctico a cargo de Guillerme Ignacio e Miguel Sotelo.
Guillerme Ignacio é compoñente fundador do grupo de música tradicional galega "Quempallou", que conta xa con 13 anos de vida e ten editados varios CDs. Destaca pola súa voz e o dominio de distintos instrumentos, como poderedes comprobar este mércores.Ademais, é mestre de percusión e canto no grupo "Retrouso" de Cela(Bueu). Para máis información podedes visitar www.quempallou.com
Miguel Sotelo (Cangas do Morrazo, 1983) é, a pesar da súa xuventude un dos
mestres máis punteiros no eido tradicional en Galicia. Vencellado a Lembranzas
da Ría desde hai anos, participou en ambiciosos proxectos de baile como GS21 e,
na actualidade, o Proxecto Trepia (premiado repetidamente pola súa mestura de
música, baile e videocreacións). É mestre de baile no grupo Retrouso de Cela. Máis información en www.blogoteca.com/retrouso22 de xuño de 2011
XORNAL ESCOLAR. GARGALLADAS-2011
Etiquetas:
Letras Galegas
Localización:
Pontevedra, España
6 de xuño de 2011
5 de xuño de 2011
EXPOSICIÓN: ARTESANÍA EN VIMBIA.MANOLO PIÑEIRO
Dentro da SEMANA CULTURAL puidemos coñecer un oficio artesán que noutros tempos foi moi importante e hoxendía, como tantos outros , está a piques de desaparecer ou se mantén dentro dunha finalidade decorativa ou artística. Trátase do oficio dos cesteiros que traballan coa vimbia. Manuel Piñeiro presentounos un bo número de pezas da súa creación e fíxonos unha demostración de como se empeza a facer un cesto.
6 de maio de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)