14 de maio de 2012

Lois González Dopazo: O compromiso coa cultura e coa saúde

  Os alumnos de Primaria puidemos asistir hoxe a unha charla dunha persoa moi coñecida en Marín e moi importante polo seu apoio á actividade cultural  neste Concello, especialmente as ligadas coa cultura de raigame popular.
  Coa axuda dunha presentación de imaxes foi debullando a súa experiencia vital, dende aquela lonxana escola de San Pedro ata as aulas universitarias; dende as súas experiencias como fisioterapeuta da Selección Española de Ciclismo ata os seus anos de entusiasta animador do grupo arqueolóxico creado dentro da Asociación Cultural Santa Cecilia.
   Lois ten unha cousa moi clara: O GALEGO SEMPRE LLE ABRIU PORTAS, nunca lle supuxo ningún impedimento para entenderse e facerse valer non mundo; ao contrario, serviulle para entenderse millor con xentes doutras linguas: portugueses, italianos, rumanos, ...


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free picture collage generated with Smilebox

Ningún comentario:

Publicar un comentario

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra