Amosando publicacións coa etiqueta Cancións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cancións. Amosar todas as publicacións

17 de dec. de 2014

GUÍAS DE LECTURA. INFANTIL

Xa temos aquí as guías de lectura da Coordinadora de EDLG do Morrazo. Non esquezamos de pedirlle aos Reis Magos, Papá Noel ou Apalpador algún libro en galego. Tamén hai música.

27 de xuño de 2012

O IES Chapela edita un vídeo musical póndolle letra en galego á canción "I will survive"

29 de maio de 2012

"MINI" E "MERO" EN MARÍN

Queremos Galego Marín convócanos a unha interesantísima Charla-coloquio:
  "Música tradicional, canción, lingua e poesía" a cargo de: Xosé Luís Rivas (MINI) e Baldomero Iglesias (MERO), cofundadores de Fuxan os Ventos e a Quenlla.
                       VENRES 01 DE XUÑO ÁS 20H30 NO MUSEO MANUEL TORRES
Poucos coma eles representan a fidelidade a unhas ideas, un xeito de concebir a música e o compromiso coa súa terra.

1 de maio de 2011

MAIO-2011: SUPERÁNDONOS CADA ANO

    1º PREMIO Á LETRA            2º PREMIO Á COROA
 Un ano máis o Colexio de A Laxe participou no Concurso de Maios e Embarcacións organizado polo Ateneo Sta. Cecilia de Marín. O xurado valorou con nota alta o resultado do traballo que viñemos realizando no último mes e que rematou co a confección e interpretación do maio.
   Hai que destacar que este logro é o resultado do esforzo coordinado de pais, nais, mestres e alumnos. NORABOA A TODOS!

7 de mar. de 2011

COMPARSAS-2011 2º CICLO

                                    TEMPO DE CRITICAR
O entroido xa chegou
 tempo de criticar                                     
 dinos xoaniña  
 que nos vas contar.      (Retrouso)                               
Nós estamos aquí                                            
para te escoitar                                              
e si é posible                       
as cousas amañar.
      ***
Soñei que estaba nunha escola
cunha nova educación,
eramos todos plurilingües
e sabiamos un montón.
Portátil novo para todos
nesta escola sen igual;
xa non había encerados
e si pizarra dixital.
     (Retrouso)
As clases eran divertidas
e falabamos en inglés.
Aprendiamos moitas palabras:
"OK, veri ghuel e yes"
     (Retrouso)
O entroido rematou

que peniña me dá

todo é normal
xa volta a realidá.
Fendas no pavillón,   (bis)
mala calefacción
e o portátil
outra vez será.

27 de xan. de 2011

DÍA DA PAZ-2011

VENRES DÍA 28 DE XANEIRO DE 2011

De 9:15h. a 11:35 h.

Estampación de mans (con pintura de cores) sobre a palabra
debuxada no muro do patio dos pequenos.

Iranse chamando os cursos por este orden:
6ºA/B- 5º - INFANTIL ( 4º-5º-6º) – 1ºA/B – 2ºA/B – 3ºA/B – 4ºA/B

De 11:35 h a 12:00h.
RECREO

De 12:00 h a 12:20h.

CANTAREMOS TODOS XUNTOS NO PATIO DOS PEQUENOS
ARREDOR DA ESTAMPACIÓN FEITA: “NON DUBIDARÍA” de A. Flores. A canción será toda en galego.


NON DUBIDARÍA
Adaptación ao galego da canción de Antonio Flores para cantar o día da PAZ

Se puidese esquecer todo aquilo que fun
Se puidese borrar todo o que eu vin
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA volver a rir

Se puidese as vidas que quitei
Se puidese queimar as armas que usei
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Prometo ver a Ledicia
E escarmentar da experiencia bis
Pero nunca, nunca mais
Usar a violencia

PARA XURU RUXURU… PARA XURU XURU RURUUU…

Se puidese sementar os campos que arrasei
Se puidese devolver a PAZ que quitei
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Se puidese esquecer aquel choro que oín
Se o puidese borrar e afastalo de min
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Prometo ver a Ledicia
E escarmentar da experiencia bis
Pero nunca, nunca mais
Usar a violencia

PARA XURU RUXURU… PARA XURU XURU RURUUU…

Se puidese esquecer todo aquilo que fun
Se puidese borrar todo o que eu vin
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Prometo ver a Ledicia
E escarmentar da experiencia bis
Pero nunca, nunca mais
Usar a violencia
_________________________________________________
Ligazóns para traballar a PAZ

16 de dec. de 2010

CHEGA O NADAL CON REGALOS E MÚSICA: OS CANTARES DE REIS

Esta semana non paramos de facer cousas; é o "Spring" final antes das vacacións:

- Debuxos para o concurso de Sta. Cecilia.

- Felicitacións navideñas para intercambiar co CEIP Carballal.


- Papanoeis e campás para decorar o salón, no que puxemos unha cheminea para que non pasen frío nin Papá Noel nin os Reis Magos nin sequera o "Apalpador" das montañas luguesas.

o día 22(mércores) disfrutaremos dunha xornada especial con:

OBRADOIROS DE NADAL e

Actuación musical do ORFEÓN E GRUPO DE GAITAS DE ARDÁN

que nos van deleitar co tradicional CANTAR DE REIS e algunha peza de cantigas populares. Esta actuación será ás 12.15 h. Están convidados pais e nais. Esperamos que vos guste.

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra