Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paz. Amosar todas as publicacións

1 de feb. de 2013

DÍA DA PAZ-2013

Celebramos o DÍA DA PAZ pintando unha árbore con todas as nosas mans e bailando  "O baile da Carrasquiña".

22 de xan. de 2012

DÍA DA PAZ-2012

O luns 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz cantando  a CANTARELA DOS NENOS, poema de Xosé Neira Vilas.


Durante toda a mañán, tódolos alumnos irán pintando no muro do patio o seguinte lema:

             A M I G U I Ñ O S     T O D O S


Ademais, proxectaranse dúas curtametraxes na Aula de Música.

27 de xan. de 2011

DÍA DA PAZ-2011

VENRES DÍA 28 DE XANEIRO DE 2011

De 9:15h. a 11:35 h.

Estampación de mans (con pintura de cores) sobre a palabra
debuxada no muro do patio dos pequenos.

Iranse chamando os cursos por este orden:
6ºA/B- 5º - INFANTIL ( 4º-5º-6º) – 1ºA/B – 2ºA/B – 3ºA/B – 4ºA/B

De 11:35 h a 12:00h.
RECREO

De 12:00 h a 12:20h.

CANTAREMOS TODOS XUNTOS NO PATIO DOS PEQUENOS
ARREDOR DA ESTAMPACIÓN FEITA: “NON DUBIDARÍA” de A. Flores. A canción será toda en galego.


NON DUBIDARÍA
Adaptación ao galego da canción de Antonio Flores para cantar o día da PAZ

Se puidese esquecer todo aquilo que fun
Se puidese borrar todo o que eu vin
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA volver a rir

Se puidese as vidas que quitei
Se puidese queimar as armas que usei
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Prometo ver a Ledicia
E escarmentar da experiencia bis
Pero nunca, nunca mais
Usar a violencia

PARA XURU RUXURU… PARA XURU XURU RURUUU…

Se puidese sementar os campos que arrasei
Se puidese devolver a PAZ que quitei
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Se puidese esquecer aquel choro que oín
Se o puidese borrar e afastalo de min
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Prometo ver a Ledicia
E escarmentar da experiencia bis
Pero nunca, nunca mais
Usar a violencia

PARA XURU RUXURU… PARA XURU XURU RURUUU…

Se puidese esquecer todo aquilo que fun
Se puidese borrar todo o que eu vin
NON DUBIDARÍA
NON DUBIDARÍA en volver a rir.

Prometo ver a Ledicia
E escarmentar da experiencia bis
Pero nunca, nunca mais
Usar a violencia
_________________________________________________
Ligazóns para traballar a PAZ

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra