Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

12 de xan. de 2012

CARTAS AO APALPADOR

Os alumnos de 2ºB participaron este ano no CONCURSO DE CARTAS AO APALPADOR organizado por Queremos Galego(Marín). Eloy Rodal Pérez gañou un premio individual na súa categoría. Ademais, obtivemos un premio á participación. Noraboa polo voso traballo!

19 de dec. de 2011

ESCOITANDO UNHA PANXOLIÑA

Neste Nadal fixemos unha recolleita de PANXOLIÑAS, algunhas das cales aparecerán neste espacio en días vindeiros.Grazas a todos os que colaborastes escoitando e escribindo as letras destas panxoliñas.
Galicia ten unha gran cantidade de cantigas que falan deste tempo de Nadal. Ata non hai moitos anos en cada parroquia de Galicia cantábase en Noiteboa ou as "Navidás". Tamén se cantaba en fin de ano e, especialmente, cantábase por Reis.
A continuación podedes escoitar "A Belén vinde pastores".


De seguido, un grupo de nenos canta o famoso "jingle bells" traducido ao galego.

16 de dec. de 2010

CHEGA O NADAL CON REGALOS E MÚSICA: OS CANTARES DE REIS

Esta semana non paramos de facer cousas; é o "Spring" final antes das vacacións:

- Debuxos para o concurso de Sta. Cecilia.

- Felicitacións navideñas para intercambiar co CEIP Carballal.


- Papanoeis e campás para decorar o salón, no que puxemos unha cheminea para que non pasen frío nin Papá Noel nin os Reis Magos nin sequera o "Apalpador" das montañas luguesas.

o día 22(mércores) disfrutaremos dunha xornada especial con:

OBRADOIROS DE NADAL e

Actuación musical do ORFEÓN E GRUPO DE GAITAS DE ARDÁN

que nos van deleitar co tradicional CANTAR DE REIS e algunha peza de cantigas populares. Esta actuación será ás 12.15 h. Están convidados pais e nais. Esperamos que vos guste.

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra