Xa está aquí a xxª Semana Cultural. Uns días nos que viviremos de xeito especial distintas manifestacións cuturais: a música, o teatro, os títeres, a animación, a charla-coloquio e, para rematar, o mércores, 16 coa
Festa da lingua, con música, baile e xogos populares. Pero xa vos iremos contando pouco a pouco, día a día. Aquí tamén poderedes ver unha reseña do que pase cada día, con imaxes,comentarios, vídeos, etc
O
mércores, 9 de maio comenzamos cun concerto didáctico a cargo de Guillerme Ignacio e Miguel Sotelo.
Guillerme Ignacio é compoñente fundador do grupo de música tradicional galega "Quempallou", que conta xa con 13 anos de vida e ten editados varios CDs. Destaca pola súa voz e o dominio de distintos instrumentos, como poderedes comprobar este mércores.Ademais, é mestre de percusión e canto no grupo "Retrouso" de Cela(Bueu). Para máis información podedes visitar
www.quempallou.com
Miguel Sotelo (Cangas do Morrazo, 1983) é, a pesar da súa xuventude un dos
mestres máis punteiros no eido tradicional en Galicia. Vencellado a Lembranzas
da Ría desde hai anos, participou en ambiciosos proxectos de baile como GS21 e,
na actualidade, o Proxecto Trepia (premiado repetidamente pola súa mestura de
música, baile e videocreacións). É mestre de baile no grupo Retrouso de Cela. Máis información en
www.blogoteca.com/retrouso
Ningún comentario:
Publicar un comentario