Amosando publicacións coa etiqueta Primaria 2º ciclo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primaria 2º ciclo. Amosar todas as publicacións

29 de maio de 2012

"MINI" E "MERO" EN MARÍN

Queremos Galego Marín convócanos a unha interesantísima Charla-coloquio:
  "Música tradicional, canción, lingua e poesía" a cargo de: Xosé Luís Rivas (MINI) e Baldomero Iglesias (MERO), cofundadores de Fuxan os Ventos e a Quenlla.
                       VENRES 01 DE XUÑO ÁS 20H30 NO MUSEO MANUEL TORRES
Poucos coma eles representan a fidelidade a unhas ideas, un xeito de concebir a música e o compromiso coa súa terra.

7 de mar. de 2011

COMPARSAS-2011 2º CICLO

                                    TEMPO DE CRITICAR
O entroido xa chegou
 tempo de criticar                                     
 dinos xoaniña  
 que nos vas contar.      (Retrouso)                               
Nós estamos aquí                                            
para te escoitar                                              
e si é posible                       
as cousas amañar.
      ***
Soñei que estaba nunha escola
cunha nova educación,
eramos todos plurilingües
e sabiamos un montón.
Portátil novo para todos
nesta escola sen igual;
xa non había encerados
e si pizarra dixital.
     (Retrouso)
As clases eran divertidas
e falabamos en inglés.
Aprendiamos moitas palabras:
"OK, veri ghuel e yes"
     (Retrouso)
O entroido rematou

que peniña me dá

todo é normal
xa volta a realidá.
Fendas no pavillón,   (bis)
mala calefacción
e o portátil
outra vez será.

11 de feb. de 2011

ENTREVISTAMOS A....

                 Dª Garbiñe Arruti, mestra titora de 3º A


        Alumnos 5º:    Estamos aquí para entrevistar á profesora Garbiñe. En cantos colexios estiveches exercendo de profesora?
        Dª. Garbiñe: En moitos, porque vou para vella xa. En Galicia, en dous: Pazos de Borbén e na Laxe. En Euzkadi, en catro.
       Alumnos 5º: Cantos anos levas neste colexio?
      Dª. Garbiñe: Neste colexio é o 5º curso.
      Alumnos 5º: Que tal che vai co teu novo curso?
      Dª. Garbiñe  : Ben, moi ben.
      Alumnos 5º : Custouche moito aprender a nosa lingua?
      Dª Garbiñe :  Un pouquiño pero... todo é ter ganas e falar. O primeiro grupo co que falei verdadeiramente galego foi cuns rapaces de 2º e ben, moi ben.
     Alumnos 5º:  Agradecémoslle á profesora Garbiñe a súa amabilidade contestando a todas as nosas preguntas.

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra