10 de maio de 2012

Guillerme e Miguel fixéronnos querer un chisco máis a música tradicional.


Gillerme Ignacio tocando a zanfona
O pasado mércores asistimos á demostración de que a música tradicional galega pode servir para moitas cousas: Podemos escoitala; podemos bailala e podemos facer unha boa festa e pasalo ben.
Todo un éxito a actuación deste dúo de mestres de música. Agora coñecemos algo máis da gaita, o tambor, o bombo, o pandeiro, a pandeireta, os ferriños. Sabemos que se pode facer música cunha lata do pemento ou cun legón.
Sen esquecer a menos habitual e máis difícil de tocar : a zanfona.

Guillerme á gaita; Miguel ao tambor e Salvador ao bombo

Ah, xa me esquecía! Tamén houbo algún profe que deixou claro que o del non é o bombo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra