8 de feb. de 2015

ENTROIDO-2015

Xa está aquí o Entroido. O certo é que xa levamos algunhas semanas pensando nos disfraces, nas comparsas... Non podía faltar, un ano máis, o MANDADIÑO. Estade atentos ao que cada día nos di Chispiña. Empeza a semana traendo unha gravata. Cada día haberá unha cousa diferente. É acumulativo, hai que traer as cousas dos días anteriores.
Chispiña tráenos o Mandadiño

17 de dec. de 2014

GUÍAS DE LECTURA. INFANTIL

Xa temos aquí as guías de lectura da Coordinadora de EDLG do Morrazo. Non esquezamos de pedirlle aos Reis Magos, Papá Noel ou Apalpador algún libro en galego. Tamén hai música.

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra