Amosando publicacións coa etiqueta entrevistas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entrevistas. Amosar todas as publicacións

13 de abr. de 2011

ENTREVISTAMOS A....

                          Don  Rafael de Castro

Redacción 6º B
    
          O equipo de redacción de 6º B falou co mestre titor de 2º A, don Rafael de Castro, que nos atendeu amablemente na biblioteca. Hoxe reproducimos a primeira parte da entrevista.

6º B .- Onde naceu?
RC  .- Eu nacín en Carballedo, Cotobade.
6º B.- Gustáballe estudar de pequeno?

Rafael de Castro García, mestre.

RC.-  Gustábame máis xogar ao fútbol, pero tamén hai que estudiar.
6º B.- De pequeno na súa casa falábase o galego?
RC .- Sí, falábase sempre galego. Onde non se falaba era na escola pero na casa si que se falaba sempre   galego.

6º B.- Que opina dos cambios dos libros do galego ao castelán?
RC  .- Non sei a que cambios te refires exactamente pero a min paréceme que se debería estudiar moito máis galego na escola.  

6º B.-  A que escritor lle gustaría que homenaxeasen no Día das Letras Galegas?
 RC.- A Xosé Filgueira Valverde, por exemplo, que foi un profesor meu, penso que se lle podía adicar un Día das Letras Galegas; pero habería moitos máis... Manuel María é outro dos escritores que me guatan moito.

6º B.- Cre que cada vez hai menos xente que fale galego?
RC.- Si, eu penso que si. Ao mellor coñécese máis porque agora estúdiase nas escolas, pero dende logo na rúa fálase cada vez menos.

6º B.- Cal é o seu libro favorito?
RC.-  Bueno, eu libros favoritos non teño. Se me preguntas de galego o escritor que máis me gusta é Álvaro Cunqueiro.

6º B.- Gustaríalle que houbese máis asignaturas en galego?
RC.-  Si, naturalmente, porque os alumnos aos que eu lle dou clase coñecen moito máis o castelán que o galego. Habendo máis asignaturas poderían equipararse e estar ao mesmo nivel nunha materia que na outra.

6º B.- Cal é a súa asignatura preferida?
RC.-  A min gústame moito todo o que estea relacionado coa Historia, coa Xeografía, coas Ciencias Sociais  pero, por suposto, tamén a Lingua Galega; do que máis me gustaba dar clase era de Lingua Galega.

6º B.- Se non fose profesor, que lle gustaría ser?
RC.-  Non sei... ao mellor, investigador, pero non sei de que concretamente.

6º B.-  Soñou algunha vez con ser poeta galego?
RC.-   Ser poeta? Non creo que teña moitas condicións pero si que me gustaría selo.

6º B.- Que opina vostede de que a maioría dos xoves galegos prefiran estudar o castelán e non o galego?
RC.-  Pois non me parece demasiado ben. Eu preferiría que primeiro falaran a lingua que temos na nosa terra e que despois coñeceran as demais linguas, cantas máis mellor, pero en principio que se expresaran primeiro en galego.

6º B.- Que é o que máis lle gusta do seu traballo?
RC.-  Os avances que van tendo os alumnos. Ás veces parece que non avanzan nada e de repente parece que avanzan moito; aí é onde ten un a satisfacción do ensino.

6º B.- Prefire que a xente lle fale en galego?
RC.-  Si, naturalmente , se me falan en galego vexo que a lingua que me gusta e que deberiamos falar aquí vai para arriba. Se a xente me fala en castelán non me gusta tanto pero naturalmente teño que aceptalo.

       Moitísimas grazas a don Rafael polas súas verbas e ata logo.



17 de feb. de 2011

EXCLUSIVA. A "PROFE" SELINA ENTREVISTADA POLOS SEUS PROPIOS ALUMNOS.

DESVELADO O SEGREDO:   "ESTE ANO IMOS TODOS(Infantil) DE ANANIÑOS"
"ENCÁNTANME OS NENOS DESTE COLE. LEVARÍAMOS TODOS PARA A MIÑA CASA"

    Redacción.  Hoxe tivémola ocasión de falar coa nosa mestra, dona Selina. Reproducimos parte das súas interesantes declaracións.

  Infantil 5 A:  Bos días, Selina
Selina falando cos nosos xornalistas na súa aula do colexio de A Laxe(Marín)
  Selina:           Bos días
  Infantil 5 A :  Pásalo ben neste colexio?
  Selina         : Se mo paso ben? De marabilla! Encántame este colexio!
  Infantil 5 A : Este ano, de que te disfrazas?
  Selina         : Pois imos todos de ananiños.
  Infantil 5 A : Gústanche os nenos de A Laxe?
  Selina         : Encántanme! Levaríamos todos á miña casa.
  Infantil 5 A: Graciñas polo teu tempo.
  Selina        : De nada. Grazas a vós.

11 de feb. de 2011

ENTREVISTAMOS A....

                 Dª Garbiñe Arruti, mestra titora de 3º A


        Alumnos 5º:    Estamos aquí para entrevistar á profesora Garbiñe. En cantos colexios estiveches exercendo de profesora?
        Dª. Garbiñe: En moitos, porque vou para vella xa. En Galicia, en dous: Pazos de Borbén e na Laxe. En Euzkadi, en catro.
       Alumnos 5º: Cantos anos levas neste colexio?
      Dª. Garbiñe: Neste colexio é o 5º curso.
      Alumnos 5º: Que tal che vai co teu novo curso?
      Dª. Garbiñe  : Ben, moi ben.
      Alumnos 5º : Custouche moito aprender a nosa lingua?
      Dª Garbiñe :  Un pouquiño pero... todo é ter ganas e falar. O primeiro grupo co que falei verdadeiramente galego foi cuns rapaces de 2º e ben, moi ben.
     Alumnos 5º:  Agradecémoslle á profesora Garbiñe a súa amabilidade contestando a todas as nosas preguntas.

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra