Dª Garbiñe Arruti, mestra titora de 3º A
Alumnos 5º: Estamos aquí para entrevistar á profesora Garbiñe. En cantos colexios estiveches exercendo de profesora?
Dª. Garbiñe: En moitos, porque vou para vella xa. En Galicia, en dous: Pazos de Borbén e na Laxe. En Euzkadi, en catro.
Alumnos 5º: Cantos anos levas neste colexio?
Dª. Garbiñe: Neste colexio é o 5º curso.
Alumnos 5º: Que tal che vai co teu novo curso?
Dª. Garbiñe : Ben, moi ben.
Alumnos 5º : Custouche moito aprender a nosa lingua?
Dª Garbiñe : Un pouquiño pero... todo é ter ganas e falar. O primeiro grupo co que falei verdadeiramente galego foi cuns rapaces de 2º e ben, moi ben.
Alumnos 5º: Agradecémoslle á profesora Garbiñe a súa amabilidade contestando a todas as nosas preguntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario