Esta semana non paramos de facer cousas; é o "Spring" final antes das vacacións:
- Debuxos para o concurso de Sta. Cecilia.
- Felicitacións navideñas para intercambiar co CEIP Carballal.
- Papanoeis e campás para decorar o salón, no que puxemos unha cheminea para que non pasen frío nin Papá Noel nin os Reis Magos nin sequera o "Apalpador" das montañas luguesas.
o día 22(mércores) disfrutaremos dunha xornada especial con:
OBRADOIROS DE NADAL e
Actuación musical do ORFEÓN E GRUPO DE GAITAS DE ARDÁN
que nos van deleitar co tradicional CANTAR DE REIS e algunha peza de cantigas populares. Esta actuación será ás 12.15 h. Están convidados pais e nais. Esperamos que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario