19 de dec. de 2011

ESCOITANDO UNHA PANXOLIÑA

Neste Nadal fixemos unha recolleita de PANXOLIÑAS, algunhas das cales aparecerán neste espacio en días vindeiros.Grazas a todos os que colaborastes escoitando e escribindo as letras destas panxoliñas.
Galicia ten unha gran cantidade de cantigas que falan deste tempo de Nadal. Ata non hai moitos anos en cada parroquia de Galicia cantábase en Noiteboa ou as "Navidás". Tamén se cantaba en fin de ano e, especialmente, cantábase por Reis.
A continuación podedes escoitar "A Belén vinde pastores".


De seguido, un grupo de nenos canta o famoso "jingle bells" traducido ao galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra