O venres, 4 de marzo, o CEIP A Laxe encheu as rúas de Marín coas cores dos disfraces inspirados na vida dos bosques. Cantamos as nosas coplas no palco da alameda. Á volta, cantamos de novo no salón de actos e tivemos unha festa na que demos boa conta dos postres preparados por nais, pais e alumnos.
NORABOA a todos e todas polo voso traballo! Grazas a ANPA pola súa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario