Entre todos, un ano máis, xuntamos os versos necesarios para compoñer as coplas do Maio-2012. Grazas a todos os que colaborastes. Un grupo de 5º e 6º está ensaiando(baixo a batuta das nais da ANPA) para que , chegado o día, as voces estean ben templadas.
Como primicia, presentámosvos a primeira estrofa, para que vos fagades unha idea e para que vaiades afinando voces:
" VIMOS DO COLEXIO A LAXE
PARA AMOSARVOS O MAIO
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE
ÉCHE O NOSO AGASALLO."
Ningún comentario:
Publicar un comentario