5 de dec. de 2011

PREMIO XOAN M. PINTOS Á COORDINADORA GALEGA DE ENDL

O Concello de Pontevedra vén de facer entrega dos premios Xoan M. Pintos. Trátase de recoñecer o labor de persoas ou entidades en defensa da nosa lingua. Este ano correspondeulle ese recoñecemento a Aula Castelao de Filosofía e á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Belén Escariz.  recolle o premio en nome da CGENDL

Como integrantes e participantes activos desa Coordinadora o EQUIPO DE D. LÍNGUA GALEGA deste colexio síntese partícipe deste premio e comprometido no traballo diario de impulsar actividades que fagan realidade o emprego da lingua galega.
na nosa comunidade educativa. A noticia e a imaxe están recollidas no seguinte blog que vos recomendamos: http://www.blogoteca.com/galefas/index.php?cod=106745

Ningún comentario:

Publicar un comentario

"POR QUE É BO QUE OS NENOS APRENDAN GALEGO" EOI Pontevedra