O galego necesita do esforzo de todos nós e nós necesitamos o galego. Porque está no noso acento, na nosa entoación, nos nomes dos nosos montes, regatos, praias...Está en Castiñeiras, en Lameiriña ou tamén en Portocelo, en Loira ou na Coviña.
Que fermoso escoitar a un rapaz pequeno falar en galego!
Nais, pais, avós, avoas, non deixedes de falarlle nesta lingua que os nosos devanceiros souberon manter durante séculos en circunstancias moi difíciles, cando o acceso aos libros estaba moi restrinxido, cando as posibilidades de formarse estaba moi limitado. Pero de boca en boca, de pais a fillos foise transmitindo como enorme herdanza inmaterial, ás veces pouco comprendida, mesmo ás veces algúns chegan a sentir vergoña dela.
Sintámonos orgullosos de compartir un tesouro colectivo, nunca máis baixemos a cabeza por falar nunha lingua que dou ao mundo escritores coma Rosalía, Curros, Celso Emilio, Cabanillas, Cunqueiro, Blanco Amor, Fole, Manuel Antonio, M. Rivas, F. Casalderrey,...
Animo a este equipo de mestres a que poñan o seu granciño de area abrindo esta fiestra dixital para berrar alto e forte que aquí estamos nós e nos sentimos orgullos do galego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario