17 de dec. de 2014
4 de dec. de 2014
23 de nov. de 2014
"OS FROITOS DO OUTONO"
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza unha exposición de froitos de outono, tanto dos nosos coma dos máis exóticos, pois dende hai algúns anos non é raro atopar nas nosas froiterías froitas como o caqui, o mango ou a chirimoia.Terá lugar do 24 ao 28 de novembro no salón de actos. Os alumnos aportarán cadansúa peza facendo un reparto variado polos distintos niveis.
20 de nov. de 2014
Xurxo Souto presenta o seu libro
Xurxo Souto presentou a semana pasada na Biblioteca de Marín o seu libro "Contos do mar de Irlanda". Nel narra historias vivi
das polos mariñeiros de Marín e doutros portos galegos neste bravo caladeiro das costas de Irlanda. Nomes como Castletown ou Bantry son ben coñecidos daqueles que dende os anos cincoenta tiveron que baterse o peito cos temporais daqueles mares.
Por que estiveron agochadas estas historias durante tanto tempo?
O acto estivo organizado por Queremos galego Marín.

13 de nov. de 2014
12 de nov. de 2014
MAGOSTO-2014
Despois do día de San Martiño, chegou o magosto ao noso colexio. Comemos as castañas, que estaban estupendamente asadas. Os máis pequenos lociron diademas e uns coloridos cestos para as castañas. O reparto estivo moi ben organizado. Felicitamos aos rapaces e rapazas de 6º polo seu traballo; ademais estaban moi elegantes cos seus orixinais delantais.
O tempo non nos deixou facer os xogos populares. Deixámolos aparcados para mellor ocasión! Aquí vai un adianto das fotos.
O tempo non nos deixou facer os xogos populares. Deixámolos aparcados para mellor ocasión! Aquí vai un adianto das fotos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)